1500 km , con perro , burra y medio coche , Ginés eres un crack (VIDEO) – RADIO CAMINO DE SANTIAGO


Home / Historias, leyendas y más / 1500 km , con perro , burra y medio coche , Ginés eres un crack (VIDEO)

1500 km , con perro , burra y medio coche , Ginés eres un crack (VIDEO)

Aqui os dejamos el reportaje a nuestro gran amigo GINÉS en la televisión gallega…

Estes días percorre o Camiño Francés un peregrino moi singular. Trátase dun home de Áraba de 66 anos que viaxa cara a Santiago coas súas mascotas, unha burra e un can.

Saíron de Santurce o pasado 4 de marzo e tras pasar por Santiago irán tamén ata Fisterra e Muxía. O seu será un camiño de ida e volta en que estiman percorrer uns 1.500 quilómetros e levaralles 4 meses.

Ginés López e as súas mascotas son estes días os protagonistas do Camiño Francés. Como auténticos trotamundos o can e a burra fan o camiño compenetrados á perfección e tras este particular carro creado a partir dun vehículo sen carné, séguelles Ginés. Saíron o 4 de marzo de Santurce e estes días atravesan a provincia de Lugo. O ritmo das etapas márcano os animais e fan cada día uns 13 quilómetros. LEER MÁS

Sobre Radio Camino de Santiago

© Copyright 2017, All Rights Reserved. | ® Registered Trademark. Powered by WordPress | Designed by Tielabs