RADIO CAMINO DE SANTIAGO EN LA CASA DE GALICIA EN MADRID ¡¡¡GRACIAS!!! – RADIO CAMINO DE SANTIAGO <

Escúchanos en DIRECTO





¡ DALE AL PLAY !

Home / Noticias Camino / RADIO CAMINO DE SANTIAGO EN LA CASA DE GALICIA EN MADRID ¡¡¡GRACIAS!!!

RADIO CAMINO DE SANTIAGO EN LA CASA DE GALICIA EN MADRID ¡¡¡GRACIAS!!!

AQUI OS DEJAMOS LA NOTA DE PRENSA DE LA PRESENTACIÓN DE AYER EN LA CASA DE GALICIA EN MADRID , GRACIAS A D. JOSE RAMON ÓNEGA , FRAN CONTRERAS , ROSA Y TODOS LOS QUE HICIERON POSIBLE ESTE MOMENTO TAN ESPECIAL.

“Radio Camiño de Santiago”, única que emite 24 horas e que é referente no sector, presentóuse esta mañá na Delegación da Xunta en Madrid

Aínda que a súa sede social está na Rioxa, o contido céntrase en información sobre todas as rutas xacobeas

Madrid, 11 de abril, 2019

“Radio Camiño de Santiago” é un medio creado en 2016, única marca rexistrada especializada no Camiño a nivel mundial con emisión 24 horas, que segue sumando novos seguidores e oíntes día tras día, preto de millón e medio, converténdose en referente no sector, e que esta mañá presentouse ante medios e profesionais na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia.

No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López; os cofundadores e codirectores de Radio Camiño de Santiago, Ernesto Díaz Sobremazas e Nekane Soto Guerrero; e o peregrino, xornalista e escritor, Fran Contreras Gil, colaborador habitual da emisora.

Tras as palabras de benvida, e explicar as funcións da Casa, dado que algúns dos asistentes acudían por primeira vez, Ónega comentou que na actualidade Radio Camiño de Santiago conta xa con preto de millón e medio de oíntes e emítese desde o albergue “La Casa de las sonrisas”, en Grañón (A Rioxa), onde se realizan a maioría das entrevistas en vivo mentres dan acollida aos peregrinos. “Europa fíxose peregrinando a Compostela”, dixo citando a Goethe.

“Gustaríanos ser a sintonía do Camiño”, sinalou Nekane Soto como desexo e explicou que Radio Camiño é un novo e innovador medio de comunicación na rede, de alcance internacional, cuxos principais protagonistas son o Camiño de Santiago e os peregrinos, e é “un proxecto no que cremos desde o principio e polo que apostamos cos nosos recursos e esforzo, porque somos uns apaixonados do Camiño, a comunicación e a evolución humana, en todas as súas dimensións”, polo que tamén crearon o seu propio albergue de peregrinos de donativo en Grañón (A Rioxa) onde residen e traballan durante todo o ano, “sen ningún financiamento”. Subliñou que entre as súas principais actuacións, destacan “a investigación, promoción, divulgación e fomento do coñecemento e actividades de interese cultural do Camiño, con especial énfase no fomento da colaboración entre os diversos axentes públicos e privados (asociacións e/ou organismos públicos) relacionados co Camiño para a preservación dos seus valores como patrimonio cultural e relixioso a nivel mundial”.

Para Ernesto, “Radio Camiño de Santiago, diríxese principalmente a peregrinos, hospitaleiros, empresas, institucións, asociacións e todo tipo de actividades vinculadas ao Camiño, aínda que nos escoita todo tipo de público interesado en achegarse á realidade do Camiño de Santiago”. Actualmente, teñen seguidores en máis de 35 países dos cinco continentes e escóitana por case toda a xeografía española. Un dos seus principais valores é que non existen actualmente competidores no sector, o que a converte en “a única radio do mundo con emisión 24 h e directos, específica do Camiño de Santiago que existe, con especial impacto en Europa e Latinoamérica, aínda que nos seguen cada día máis desde Australia e moitos países do continente asiático”. Entre os seus principais traballos, destacan: a emisión 24 horas en streaming, a publicación diaria de noticias na web que comparten en diversos grupos do Camiño de Santiago en Facebook, onde contan con máis seguidores, e a asistencia e cobertura en directo de eventos: feiras, cerimonias de inauguración e clausura, entrega de premios, conferencias… sempre que poidan e teña relación directa co Camiño de Santiago.

Pola súa banda, o peregrino, xornalista e escritor, colaborador habitual da emisora e autor de “La guía mágica del Camino”, Fran Contreras, mostrouse encantado de participar neste proxecto que “xunta dúas das miñas grandes paixóns, o Camiño de Santiago e a radio e estou seguro de que en poucos meses coas ondas chegaremos a calquera parte do mundo, para cambiarlle a vida a moita xente” como lle ocorreu a el, “facéndome mellor persoa”. “O Camiño é un museo ao aire libre, no que se falan moitas linguas pero ten unha linguaxe universal que é o idioma do corazón”, asegurou, animando a quenes aínda non o fixeran, que “vivan a experiencia”.

No acto falaron tamén doutros proxectos como SPACIO VITA, para desenvolvemento persoal no Camiño e CAMINUS DE SANTIAGO, para persoas con algunha minusvalía.

Máis información:

Email: direccion@radiocaminodesantiago.com

Web: www.radiocaminodesantiago.com

Departamento: Prensa

Sobre Radio Camino de Santiago

x

Check Also

La directora de Turismo dice NO a cobrar entrada a los peregrinos en la Catedral

La directora de Turismo dice NO a cobrar entrada a los peregrinos en la Catedral

La directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies